Política de Protección de Datos de carácter persoal
Estas normas rexen para todas as páxinas que alberga a SGOX. Para saber como se procede cos datos persoais, rogámoslle lea as seguintes normas que aconsellamos consultar con regularidade, dado que poden ser actualizadas.
O visitante faise responsable e garante que os datos persoais que facilita á SGOX son veraces e conta, cando cumpra, coa debida autorización do titular dos mesmos.
A SGOX tratará os datos de carácter persoal vinculados aos seus espazos webs respectando as esixencias da lexislación vixente, resaltando:
Novo Regulamento de Protección de Datos
A partir do 25 de Maio de 2018 é aplicable o novo Regulamento de Protección de Datos. O Regulamento UE 2016/679 harmoniza a lexislación en materia de Protección de Datos en toda a Unión Europea, incrementando a protección das persoas físicas titulares de datos persoais e outorgándolles un maior control sobre estes.
Na SGOX sempre nos preocupamos pola protección dos datos persoais. Por iso, actualizamos a nosa Política de Privacidade a fin de axustala á nova regulación e informarlle sobre os cambios que afectan os seus dereitos.
Os datos que a SGOX solicita polas diferentes vías (páxina web, correo electrónico, formularios electrónicos ou en papel) dentro da súa actividade comercial e de servizos, pasan a formar parte dun ficheiro de tratamento do cal é responsable.
Finalidades para as cales se solicitan datos:
- Xestionar e tramitar calquera tipo de solicitude de información.
- Manter informados aos nosos socios e interesados das novidades da SGOX.
- Facilitar aos socios e interesados a información sobre a oferta de produtos e de servizos que consideramos do seu interese.
Duración da conservación dos datos:
No caso dos Provedores, Clientes, Socios e Persoal, conservamos os seus datos mentres dure a relación contractual coa SGOX.
Lexitimación dos tratamentos:
Os datos tratados pola SGOX son aqueles obtidos co consentimento do interesado, así como aqueles subministrados voluntariamente polos interesados por calquera medio.
Os datos necesarios para o mantemento dunha relación contractual (contrato: prestación de servizos; laboral; mercantil; entre outros)
Destinatarios dos datos.
Os datos non serán cedidos a terceiros.
En caso de cesión, será previamente informado da cesión, finalidade e identificación do cesionario.
Dereitos dos titulares dos datos:
Calquera persoa ten dereito a coñecer se a SGOX realiza tratamentos dos seus datos, ou non. E ten dereito a:
- Acceder aos seus datos persoais.
- Solicitar a rectificación dos datos inexactos.
- Solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins polos que foron recollidos,
- Opoñerse ao tratamento dos seus datos, por motivos relacionados coa súa situación particular, solicitando que non sexan tratados pola SGOX.
- En determinadas circunstancias, poderase solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso unicamente conservaranse para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Retirar o consentimento prestado, sen que iso afecte á licitude do tratamento que se realizou con anterioridade a dita retirada.
Cando se exerciten os dereitos de supresión, oposición, limitación ou se retire o consentimento, a SGOX deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
O titular dos datos poderá exercitar os dereitos contemplados no Capítulo III do Regulamento Xeral de Protección de Datos , así como da LOPD, dirixíndose á SGOX, na Rúa San Pedro de Mezonzo, nº41 - 15701, Santiago de Compostela (A Coruña) ou se o prefire a través de correo electrónico ao seguinte enderezo: info@gesmainaudiovisual.com ou info@sgox.org
Sempre que se exerciten os dereitos expostos, deberanse de acompañar á solicitude unha copia do seu DNI ou documento equivalente que permita comprobar a identidade.
Así mesmo, se non está conforme con como se atenderon os seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, a través da páxina Web www.agpd.es.
Procedencia dos datos:
A SGOX obtén os datos de carácter persoal directamente do interesado a través das seguintes canles:
- Correo electrónico
- Formularios / Cuestionarios (Web, electrónicos ou formato papel)
- Intercambio de tarxetas de presentación.
As categorías de datos:
- Datos de identificación
- Direccións electrónicas
- Información comercial
- Datos económicos
- Non se tratan datos especialmente protexidos.
Envío de Comunicacións comerciais:
De conformidade coa LSSSI poderá darse de baixa de calquera dos servizos de subscrición así como manifestar a súa oposición a non recibir informacións comerciais, enviando a palabra BAIXA aos seguintes enderezos:
- Correo electrónico: info@gesmainaudiovisual.com ou info@sgox.org
- Correo postal: Rúa de San Pedro de Mezonzo, nº41 - 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)
Medidas de seguridade:
A SGOX infórmalle de que aplica as medidas de seguridade necesarias para evitar o roubo, alteración ou acceso non autorizado aos datos, tendo en cuenta o estado da técnica, os custos de aplicación, e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e liberdades das persoas físicas, así como en caso de subcontratación de servizos esixirá e velará por que o encargado do tratamento aplique medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade adecuado aos riscos existentes, conforme se recolle no art. 32 do Regulamento Xeral de Protección de Datos.