Obxectivo común
Estimados compañeiro/as:
A actual Xunta Directiva, cando tomou posesión tiña tres puntos básicos no seu programa:
1º Dignificar a profesión
2º Mellorar a Calidade Asistencial e
3ª Mellorar a Formación dos seus Profesionais.
Foron moitas as dificultades que atravesamos para ir acadando o que planearamos. Un dos primeiros cambios era a páxina WEB da SGOX, a cal, por fin vos presentamos. Queremos que esta páxina sexa a de todos vós, e tamén queremos que sexa a de tódalas persoas que queiran entrar nela.
Ser Médico é unha decisión vocacional, e a vocación témola que ir alimentando cos nosos actos profesionais e a relación cos pacientes, que no noso caso son as mulleres, xa que somos nós os obstetras e xinecólogo/as os que debemos achegar á sociedade a mellor calidade de vida a elas e dos seus futuros fillos. Canto máis nos apartemos do camiño da vocación, máis nos afastaremos desa optimización dos nosos coñecementos.