Tódalas ponencias, debates, comunicacións e pósters da edición número 75 do congreso foron dixitalizadas, polo que dende este momento podedes acceder a elas a través da seguinte ligazón:
Queda inaugurada e accesible aos socios da SGOX a nova plataforma oficial de formación "Cápsulas de Coñecemento". Esta iniciativa traerá, en forma de vídeos curtos, aportacións de recoñecidos profesionais e compañeiros da especialidade en diferentes eidos, podendo acceder a eles en calquera momento e lugar.
23/11/2022.
2º Congreso virtual da SGOX xa dispoñible na web.
Dende a SGOX comprácenos dar comezo ao segundo congreso virtual da nosa sociedade, denominado SGOX TV Congress, desexando que cada un de vós sexades partícipes desta nova era onde tecnoloxía e comunicación fusiónanse para achegarvos, esteades onde esteades, aos eventos e iniciativas que organizamos.
A versión virtual do 75º Congreso da SGOX componse de tódolos eventos incluídos no programa oficial e que se desenvolveron na edición presencial da súa celebración.
Na web atoparedes tódolos vídeos diapositivas e documentos de cada exposición, podendo observar e estudar con maior detemento os contidos derivados de cada ponencia.
> Acceder ao congreso online
07/04/2022.
Inauguración da nova plataforma oficial de formación da SGOX "Cápsulas de Coñecemento". Xa dispoñible na sección para profesionais desta web.
É un honor para a SGOX comunicar a inauguración da nova plataforma de formación para tódolos socios e que leva por nome "Cápsulas de Coñecemento". Publicacións periódicas baseadas en vídeos curtos nos que recoñecidos profesionais e compañeiros da especialidade aportarán a súa experiencia en diferentes eidos, permitindo o acceso a estes contidos en calquera momento e lugar.
Para acceder á plataforma, tan só é necesario realizar o login na sección para profesionais e seleccionar no menú a opción "Cápsulas de Coñecemento".
Agardamos que este esforzo se traduza na democratización no acceso a contidos formativos de primeiro nivel.
> Acceder
08/2021.
Comunicado oficial da SGOX sobre violencia obstétrica.
A SGOX emite un comunicado oficial no que amosa a súa posición e rexeita a declaración de violencia obstétrica aqueles procedementos e intervencións rutinarias nos procesos de asistencia ao parto, definida como tal por parte dun número limitado de organizacións e colectivos que consideran unha forma de violencia de xénero estas prácticas comúns e habituais a nivel internacional.
A continuación, pode descargar o comunicado distribuído publicamente a tódolos sectores da poboación.
> Descargar Comunicado Oficial SGOX Violencia Obstétrica
Vigo
Presidente
Santiago
Vicepresidente 1º
Vigo
Vicepresidente 2º
Coruña
Secretario
Pontevedra
Vicesecretaria
Coruña
Tesoureiro
Lugo
Vogal
Coruña
Vogal
Vilagarcía
Vogal
Santiago
Vogal