Política de Privacidade.

Explicación polo miúdo do tratamento que facemos dos seus datos.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE (actualizada en outubro de 2019)



Estas normas rexen para todas as páxinas que alberga a SGOX. Para saber como se procede cos datos persoais, rogámoslle lea as seguintes normas que aconsellamos consultar con regularidade, dado que poden ser actualizadas.

O visitante faise responsable e garante que os datos persoais que facilita á SGOX son veraces e conta, cando cumpra, coa debida autorización do titular dos mesmos.

A SGOX tratará os datos de carácter persoal vinculados aos seus espazos webs respectando as esixencias da lexislación vixente, resaltando:

Novo Regulamento de Protección de Datos
A partir do 25 de Maio de 2018 é aplicable o novo Regulamento de Protección de Datos. O Regulamento UE 2016/679 harmoniza a lexislación en materia de Protección de Datos en toda a Unión Europea, incrementando a protección das persoas físicas titulares de datos persoais e outorgándolles un maior control sobre estes.

Na SGOX sempre nos preocupamos pola protección dos datos persoais. Por iso, actualizamos a nosa Política de Privacidade a fin de axustala á nova regulación e informarlle sobre os cambios que afectan aos seus dereitos.

Os datos que a SGOX solicita polas diferentes vías (páxina web, correo electrónico, formularios electrónicos ou en papel) dentro da súa actividade comercial e de servizos, pasan a formar parte dun ficheiro de tratamento do cal é responsable.

Finalidades para as cales se solicitan datos

Finalidades para as cales se solicitan datos

- Xestionar e tramitar calquera tipo de solicitude de información.

- Manter informados aos nosos socios e interesados das novidades da SGOX.

- Facilitar aos socios e interesados a información sobre a oferta de produtos e de servizos que consideramos do seu interese.

Duración da conservación dos datos

Duración da conservación dos datos

No caso dos Provedores, Clientes, Socios e Persoal, conservamos os seus datos mentres dure a relación contractual coa SGOX. 

Lexitimación dos tratamentos

Lexitimación dos tratamentos

Os datos tratados pola SGOX son aqueles obtidos co consentimento do interesado, así como aqueles subministrados voluntariamente polos interesados por calquera medio.

Os datos necesarios para o mantemento dunha relación contractual (contrato: prestación de servizos; laboral; mercantil; entre outros)

Destinatarios dos datos

Destinatarios dos datos

Os datos non serán cedidos a terceiros.

En caso de cesión, será previamente informado da cesión, finalidade e identificación do cesionario. 

Dereitos dos titulares dos datos

Dereitos dos titulares dos datos

Calquera persoa ten dereito a coñecer se a SGOX realiza tratamentos dos seus datos, ou non. E ten dereito a:

- Acceder aos seus datos persoais.
- Solicitar a rectificación dos datos inexactos.
- Solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins polos que foron recollidos,
- Opoñerse ao tratamento dos seus datos, por motivos relacionados coa súa situación particular, solicitando que non sexan tratados pola SGOX.
- En determinadas circunstancias, poderase solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso unicamente conservaranse para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Retirar o consentimento prestado, sen que iso afecte á licitude do tratamento que se realizou con anterioridade a dita retirada.

Cando se exerciten os dereitos de supresión, oposición, limitación ou se retire o consentimento, a SGOX deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.

O titular dos datos poderá exercitar os dereitos contemplados no Capítulo III do Regulamento Xeral de Protección de Datos , así como da LOPD, dirixíndose á SGOX, na Rúa San Pedro de Mezonzo, nº41 - 15701, Santiago de Compostela (A Coruña) ou se o prefire a través de correo electrónico ao seguinte enderezo: info@gesmainaudiovisual.com ou info@sgox.org

Sempre que se exerciten os dereitos expostos, deberanse de acompañar á solicitude unha copia do seu DNI ou documento equivalente que permita comprobar a identidade.

Así mesmo, se non está conforme con como se atenderon os seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, a través da páxina Web www.agpd.es. 

Procedencia dos datos

Procedencia dos datos

A SGOX obtén os datos de carácter persoal directamente do interesado a través das seguintes canles:

- Correo electrónico
- Formularios / Cuestionarios (Web, electrónicos ou formato papel)
- Intercambio de tarxetas de presentación.

As categorías de datos:

- Datos de identificación
- Direccións electrónicas
- Información comercial
- Datos económicos
- Non se tratan datos especialmente protexidos. 

Envío de comunicacións comerciais

Envío de comunicacións comerciais

De conformidade coa LSSSI poderá darse de baixa de calquera dos servizos de subscrición así como manifestar a súa oposición a non recibir informacións comerciais, enviando a palabra BAIXA aos seguintes enderezos:

- Correo electrónico: info@gesmainaudiovisual.com ou info@sgox.org

- Correo postal: Rúa de San Pedro de Mezonzo, nº41 - 15701, Santiago de Compostela (A Coruña) 

Medidas de seguridade

Medidas de seguridade

A SGOX infórmalle de que aplica as medidas de seguridade necesarias para evitar o roubo, alteración ou acceso non autorizado aos datos, tendo en cuenta o estado da técnica, os custos de aplicación, e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e liberdades das persoas físicas, así como en caso de subcontratación de servizos esixirá e velará por que o encargado do tratamento aplique medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade adecuado aos riscos existentes, conforme se recolle no art. 32 do Regulamento Xeral de Protección de Datos.

Benvidos ao incrible
Website deseñada e publicada por Ingenion®
Ingenion