Información á Muller

Sección coas novas máis actuais e de interese para as mulleres, con ligazóns a páxinas web de información, guías dixitais e alertas especiais.

Calculadora obstétrica

A SGOX pon á súa disposición unha ferramenta interactiva que lle permitirá coñecer as datas clave da súa xestación, incluíndo citas de obstetricia e revisións pendentes, para que o seu embarazo sexa organizado e tranquilo.

Novas e guías oficiais de servizos de saúde estatais e autonómicos.

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) recomenda ás personas que teñan no seu domicilio produtos da marca "Sabores de Paterna" que se absteñan de consumilos.

As mulleres embarazadas deben consultar as recomendacións de AESAN sobre alimentación segura durante o embarazo.

No caso de ter consumido este produto e presentar algunha sintomatoloxía compatible con listeriosis, recoméndase acudir a un centro de saúde.

Máis información na Web da AECOSAN  //  Guía alimentación segura no embarazo

O zika é unha enfermidade vírica que se transmite fundamentalmente pola picadura de mosquitos infectados do xénero Aedes. O mosquito, ao picar a unha persoa con Zika, inféctase e pode transmitir a infección cando pica a outra persoa.

Ademáis, hai evidencias de posible transmisión da enfermidade da nai ao feto durante o embarazo.

Información na Web do Ministerio de Sanidade  //  Guía de preguntas e respostas do Ministerio de Sanidade

Guía editada polo SERGAS para unha detección temperá do cancro de cérvix.

Visualizar ou descargar a guía

Listaxe das guías e recursos dixitais elaborados por organismos públicos para guiar á embarazada en hábitos saudables durante a xestación e o puerperio.

Libro de saúde da embarazada  //  Guía de práctica clínica de atención no embarazo e puerperio

Guía técnica elaborada e editada polo Sergas para áreas como o embarazo, puerperio, contracepción, enfermidades e educación.

Guía técnica do Sergas

SEGO. Área da muller.

Sección da Sociedade Española de Xinecoloxía e Obstetricia que abarca as principais áreas relacionadas coa saúde das mulleres.

Asociación Española de Patoloxía Cervical e Colposcopia

1

Website oficial

VISITAR

2

Información polo virus do papiloma humano (VPH)

VISITAR

3

Conización cervical

VISITAR

Benvidos ao incrible
Website deseñada e publicada por Ingenion®
Ingenion