Calculadora obstétrica

A SGOX pon á súa disposición unha ferramenta interactiva que lle permitirá coñecer as datas clave da súa xestación, incluíndo citas de obstetricia e revisións pendentes, para que o seu embarazo sexa organizado e tranquilo.

Calculadora de citas

1) Cálculo de idade xestacional actual. Aparecerá automaticamente tras cubrir a FUR (data da última regra) e pulsar INTRO.

2) Cálculo de data para calquera idade xestacional:

Unha vez introducida a FUR, se escribimos unha idade xestacional calquera (columna azul), dinos a que data do calendario se corresponde (daranos en cor branca as citas xa pasadas e en vermello as citas pendentes). Para desprazarse horizontalmente pola táboa pódese usar a barra inferior de scroll.

A FUR admite varios formatos de data. A versión online está programada en formato americano, debendo introducir primeiramente o mes, despois o día e finalmente o ano. Estes son algúns exemplos:

M-D-AA   ex. 8-23-19
M/D/AA   ex: 8/23/19
MM- DD- AA   ex. 08-23-19
MM/ DD/ AAAA   ex. 08/23/2019

• Unha vez introducida a data púlsase a tecla INTRO (ao estar co cursor do rato encima do recadro AZUL da data escrita).
• Para cambiar a data basta con reescribila e volver pulsar INTRO.
• Para borrar púlsase a tecla SUPRIMIR (evitar pulsar RETROCESO, porque podería borrarse a función)

Calculadora para todas as semanas de xestación.

1) Introducimos a FUR, obtendo as datas correspondentes a cada semana de xestación. Daranos en cor negra as citas xa pasadas e en vermello as citas pendentes. Para desprazarse horizontalmente pola táboa pódese usar a barra inferior de scroll.

A FUR admite varios formatos de data. A versión online está programada en formato americano, debendo introducir primeiramente o mes, despois o día e finalmente o ano. Estes son algúns exemplos:

M-D-AA   ex. 8-23-19
M/D/AA   ex: 8/23/19
MM- DD- AA   ex. 08-23-19
MM/ DD/ AAAA   ex. 08/23/2019

• Unha vez introducida a data púlsase a tecla INTRO (ao estar co cursor do rato encima do recadro AZUL da data escrita).
• Para cambiar a data basta con reescribila e volver pulsar INTRO.
• Para borrar púlsase a tecla SUPRIMIR (evitar pulsar RETROCESO, porque podería borrarse a función)

Benvidos ao incrible
Website deseñada e publicada por Ingenion®
Ingenion